SOLUCIÓNS XURÍDICAS

SABÍAS CANTAS SON AS ÁREAS DE DEREITO EN ESPAÑA?

Descobre cales son e cales poderían afectarche…

Estou seguro que escoitaches algunha vez que en España utilizamos un sistema para ordenar por áreas os asuntos legais.
Este sistema está baseado en 4 grandes áreas que son:

CIVILPENALLABORAL
CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO

A pinga fura a pedra, non pola súa forza,
senón pola súa constancia ao caer…
(Ovidio)

 

>>

Sala de reuniones de saez.law

A ÁREA CIVIL

Cóntoche…

Esta área regula as relacións privadas entre persoas, como os contratos de compravenda, os arrendamentos de inmobles, os préstamos hipotecarios, as incapacitacións, as separacións, os divorcios ou a custodia dos fillos.

E que máis?

Tamén inclúe as herdanzas, os testamentos e moitas outras cousas que podería compartir nesta sección, pero estou seguro que, se o fixese, acabaría confundíndoche as ideas.

Sempre digo o mesmo: por moito que poidas “autoinvestigar” sobre normas específicas ou lexislacións que afecten o teu caso, sempre acabarás quedando con dúbidas sen resolver.

Por este motivo, o meu consello é que invistas o teu tempo e o teu diñeiro nunha consulta previa cun avogado especializado, só así, poderás evitar equivocarte nos pasos a seguir para xestionar o teu asunto e poderás ter claro dende o principio ao que te vas a enfrontar.

A ÁREA PENAL

A máis temida…

Está relacionada con todo aquilo que sexa un ilícito penal, contempla delitos económicos, roubo, fraude, apropiación indebida, branqueo de capitais, evasión de impostos.

Tamén ten en conta os delitos informáticos, falsidade documental, suplantación de identidade, acoso, delitos contra a intimidade e outros.

Tras asustarche un pouco con esas palabras medorentas (roubo, fraude, delitos, etc.) ocórreseme dicirche que hai bastantes casos de persoas ou sociedades que foron condenadas inxustamente, por varios motivos, pero moito tivo que ver coa falta de eficacia e de competencia dos seus defensores.

Lembra!

É moi importante que non vexas ao teu avogado unicamente como aquel profesional que cobra para liquidarche os problemas, senón como un “amigo de pago” co que te poidas reunir a miúdo para poderlle contar as túas ideas, os teus proxectos, e facer que o mesmo sexa o protector dos teus investimentos e o solucionador de todas as incidencias que poidan xurdir ao longo do teu camiño.

A fortuna axuda os audaces…
(Virgilio)

 

>>

CLIENTE Y ABOGADO REUNIDOS EN EL DESPACHO DE SAEZ.LAW

A ÁREA LABORAL

Dirime os conflitos entre empresarios e traballadores, como o tema dos despedimentos, as reclamacións de salarios, vacacións e permisos.

Aínda que non forma parte da área contencioso-administrativo, o avogado laboralista trata tamén o tema das reclamacións efectuadas fronte á Seguridade Social ou o Estado, como: incapacidades, xubilación, pensións de viuvez ou orfandade.

E que máis?

Aquí tamén podería desenvolver un elenco moi divertido de cousas “a maiores” que están relacionadas coa área laboral, pero como xa che dixen antes: “non quero confundirche as ideas”, por iso, limitareime a dicirche que esta área abarca tamén as reclamacións da tutela de dereitos de liberdade sindical e folga, conflitos colectivos, convenios laborais e prevención de riscos laborais.

A ÁREA CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO

Está relacionada co tema da organización das Administracións Públicas e as relacións destas coas persoas.

Imaxína que tiveses que solicitar un permiso ou unha licenza ante o teu concello, iso requiriría un procedemento especifico que prevé unhas normas e uns pasos a seguir.

Iso consideraríase un procedemento de natureza público/administrativa. 

Dentro desta área está o Dereito fiscal.

Contempla todo tipo de tributos que seguro coñecerás máis co nome de impostos e taxas.

Inclúe tamén os procedementos de control, as posibles infraccións e sancións pertinentes, incluso as Sancións de LOPD, ademais inclúe todo o relacionado cos contratos administrativos, as subvencións e as axudas ofrecidas polo estado e os gobernos locais.

ÁREAS E XULGADOS

Cada área que che mencionei anteriormente vai ter xulgados especializados propios.

Lembra!

É moi importante que diferencies cada área das anteriores porque así poderaste dirixir ao Xuíz ou Tribunal que terá a competencia específica para coñecer e solucionar o problema.

Vaia reto!

Con sinceridade, non cría que ía ser capaz de resumir TODO O DEREITO español nunha única páxina da nosa web, pero penso que, se non o conseguín, seguro que fixen algo parecido, e a miña preocupación non é esta, senón a de saber se conseguín axudarche a ter as ideas máis claras.

Estou seguro que a túa resposta a esta pregunta será “si”, pero, se non fose así, e quixeras esclarecer as túas ulteriores dúbidas legais, non tardes en reservar unha consulta connosco.

Podes facelo xa a través desta páxina web.

Lembra conservar a mente serena
nos momentos difíciles…
(Horacio)

 

>>

share on