Se recibiches a carta da Axencia Tributaria reclamándoche diñeiro, poderás ler algo así na carta negra de Hacienda:
«Se non está conforme e desexa recurrir, deberá optar, no prazo máximo dun mes entre:
- Un recurso de reposición.
- Unha reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Económico-Administrativo.
Ao escrito adxuntarase os documentos que sirvan de base as súas pretensions.
Tanto ao recurso de reposición como a reclamación económico-administrativa poderán ser presentados a través da sede electrónica da Axencia Tributaria (www.agenciatributaria.es)».
Recoñezo que alá por 2007 cando o lin por primeira vez e comezaba a traballar de avogado fiscalista pasei o mesmo ca ti, non enterei de nada.
Entonces podo presentar un ou outro? Pero cál é a diferencia? ¿Podo presentar os dous á vez?
Sí, podes presentar un ou outro, pero, se presentas reclamación económico-administrativa, despois non podes presentar recurso de reposición.
E se presentas recurso de reposición, despois tes que esperar a que se resolva o recurso de reposición para presentar reclamación económico-administrativa.
E cuánto tardan en resolver?
Paso a paso.
Entón o mellor é presentar o recurso de reposición para non perder unha opción de recurrir e de que me dean a razón?
Eu tamén pensei dese xeito a primeira vez, pero non sempre perder unha opción é malo.
Non sei ti, pero a min non me gusta pecharme portas. Se podo presentar a reclamación económico-administrativa despois. Por qué ía presentala directamente e perder a opción de presentar recurso de reposición?
Na realidade, Hacienda prefire que presentes antes o recurso de reposición, e preguntarás «por qué?».

👉Diferencias entre recurso de reposición e reclamación económico-administrativa
O recurso de reposición o resolve, poderíamos decir que o xulga, na práctica a mesma persoa que dictou a Liquidación.
Os inspectores de Hacienda e funcionarios da Axencia Tributaria cobran un bonus anual por «destapar fraude». «Destapar fraude» significa cobrarche a ti impostos, os debas pagar realmente ou non.
O caso é que só tes un mes para recurrir e despois, debas pagar os impostos ou non, xa non podes recurrir, é dicir, debes pagar os impostos en todo caso por non ter recurrido.
A min isto paréceme moi duro, inxusto, pero é así.
Ademáis, se ti presentas recurso de reposición, a mera presentación do recurso moitas veces non suspende o pago, é dicir, tes que pagar de todas formas.
Presentes ou non recurso Hacienda vai recadar o mesmo.
Pero se presentas recurso de reposición daslle unha opción máis á Axencia Tributaria para xustificar o motivo de que che cobrara impostos.
En consecuencia, na práctica o recurso de reposición é moitas veces unha segunda oportunidade que ti lle das a Hacienda de xustificar o motivo de por qué cobra impostos.
Ten en conta que moitas Liquidacions e Sancions anúlanse por falla de motivación, polo que ao darlle outra oportunidade de motivar pode que reduzas as túas posibilidades de que o teu recurso sexa estimado.
A miña recomendación, se non eres avogado fiscal, é que nunca presentes recurso de reposición.
O Tribunal Económico-Administrativo (ou TEA) non é un órgano xudicial, non é un Tribunal de verdade, pero son persoas distintas ao inspector de Hacienda que che quere cobrar os impostos. Os membros do TEA Rexional (ou TEAR) ou do TEA Central (ou TEAC) non cobran un bonus por cobrarlle impostos á xente coma ti.
O TEA é un Tribunal do Ministerio de Hacienda, pero son máis obxectivos, especialmente cando a Liquidación foi dictada pola Facenda autonómica e non pola AEAT ou Axencia Estatal da Administración Tributaria.
E, ademáis, se queres chegar á vía xudicial e que o teu caso o vexa un Tribunal auténtico, un xuíz de verdade, tes que presentar reclamación económico-administrativa primeiro, non hai outra.

⏰Os prazos
O prazo para interponer ou presentar o recurso de reposición ou reclamación económico-administrativa é o mesmo: 1 mes.
Pero os prazos para resolver o recurso de reposición ou reclamación económico-administrativa son diferentes.
Ambos prazos veñen regulados na Ley 58/2003, de 17 de diciembre, General Tributaria (ou LGT).
O artigo 225.4 LGT establece un prazo de 1 mes para resolver dende que presentouse o recurso.
O artigo 240 LGT establece un prazo de resolución de 1 ano (12 meses) para a reclamación económico-administrativa no procedemento xeral e o artigo 247.2 LGT establece un prazo de 6 meses en procedemento abreviado.
Se a reclamación vai por procedemento xeral (12 meses) ou é abreviada (6 meses) depende da cantidade, pero isto da para outro post do meu Blog.
O caso é que, ainda que a Lei estableza os prazos de 1 mes, 6 meses e 12 meses (ou 1 ano), se a Administración, sexa Hacienda ou o inspector de Hacienda, tarda máis, non pasa nada mentres non pasen 4 anos.
Como consecuencia, isto é normal que Hacienda tarde moito máis tempo en resolver o teu recurso do que marca a Lei.
É habitual que se tarde máis de 9 meses ou 1 ano en notificar o recurso de reposición.
É habitual que o Tribunal Económico-Administrativo tarde máis de 3 anos e medio en comunicarche a súa resposta.
Por tanto, se presentas recurso de reposición previo é reclamación económico-administrativa, non so darás unha oportunidade máis a Hacienda de que motive a súa resolución para cobrarche impostos, tamén podes tardar un ano máis (as veces máis) en recibir a resposta ao teu recurso.

A miña recomendación
Nunca presentes recurso de reposición ou, incluso mellor, que un profesional che axude coas alegacions previas a que che chegue a carta de pago.
As tuas boas intencions non contan. O teu descoñecemento das normas e Leis non conta.
O que digas, se non te proba delo, non conta.
Pero todo o que digas poderá ser utilizado na túa contra.
Presenta directamente reclamación económico-administrativa e, se podes, contrata un avogado especialista en impostos que o faga por ti. O barato sae caro, especialmente cando falamos de recurrir contra Hacienda.
As cousas moitas veces non son o que parecen e moitas veces hai portas que é mellor nunca abrir so e sen axuda. O teu diñeiro é teu, protéxeo e desconfía do inspector de Hacienda que cho quere cobrar.
Non lle deas ao inspector de Hacienda outra oportunidade de cobrar impostos e aumentar o soldo, non presentes recurso de reposición, presenta reclamación económico-administrativa directamente.
Palabra de Avogado Fiscalista.
Álvaro Sáez.