Se chegaches ata este post do meu blog, posiblemente queras presentar unha reclamación económico-administrativa contra unha Liquidación provisional ou contra unha resolución dun Recurso de Reposición ou contra unha Sanción.
En calquera destes tres casos, sintoo ☹️. Hacienda e a Axencia Tributaria están a cobrar impostos extra a todo o mundo, esta vez tocouche.
Quero que sepas que non estás sol@ e que hoxe aquí nese post do meu blog vouche axudar.
🤔 Por ónde comezar co escrito de interposición da reclamación económico-administrativa?
Fácil comeza cun modelo.
Dende fai case 15 anos son Avogado Fiscalista. Nesta década e media escribín e presentei centos de reclamacions económico-administrativas para is meus clientes.
No che vou enganar, eu tamén uso modelos. Por iso creo que é xusto que ti tamén podas ter un modelo de escrito de reclamación económico-administrativa.
Cando me contratan como Avogado experto en impostos para que recurra contra Hacienda, o que fago é recordar un caso parecido e o escrito 🗒️ daquel outro caso serve como modelo para a reclamación económico-administrativa que agora necesito presentar.
Por tanto, os consellos que vouche dar parten de que previamente poideras usar algún dos meus modelos para reclamación económico-administrativa.
Xa é bastante complicado interpor unha reclamación económico-administrativa, como para que redactes o escrito dende cero, cando os Avogados Fiscais non o facemos.
O Avogado Fiscal sempre usa outro escrito anterior como modelo.
E, recorda que hai diferenzas entre unha reclamación económico-administrativa e un recurso de reposición.

📋Cabeceira do escrito de reclamación económico-administrativa
Partimos dun modelo e agora o que tes que facer é adaptalo ao que queres recurrir.
Pero, tranquilo! na carta negra ✉️que che chegou de Hacienda está todo o que necesitas para cubrir ben o teu modelo.
Arriba na cabeceira do teu escrito escribe a quen vai dirixido, e dirás ti:
- Vale, a quén vai dirixido?
Pois vai dirixido ao mesmo órgano que che mandou a notificación que agora queres recurrir mediante reclamación económico-administrativa.
Imos usar unha Liquidación que me notificaron a mín, Álvaro Sáez Escudero, fai uns anos.
- Sí, Hacienda tamén me incomoda, non vou ser a excepción 🤷♂️.
Sei cómo te sentes, centos dos meus clientes sentíronse igual ca ti. É duro, pero todo ten solución. E cando gañas o recurso, a verdade é que é un gran alivio para ti e unha gran alegría para mín.
Pero, imos ao lío, ónde pon a quén tes que dirixilo?
Se se trata da Agencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT), normalmente aparece no canto superior esquerdo da primeira páxina. Deíxote aquí un exemplo de cómo sería ➡️:

✏️Eu o que fago é poñer o nome do órgano na cabeceira e ao pé do escrito. A dirección do órgano só a poño ao pé.
Neste caso era AV FERNANDEZ LADREDA, 45, 36003, PONTEVEDRA (PONTEVEDRA).
E qué máis pos na cabeceira?
Pois os mesmos datos que aparecen na notificación. Así, ninguén terá dúbida contra qué estás interpoñendo a reclamación económico-administrativa:

Sí borrei o meu N.I.F., 😉
E para rematar a cabeceira pos esta frase:
«D. ÁLVARO SÁEZ ESCUDERO, con N.I.F. XXXXXXXX-X no seu propio nome e representación e con domicilio a estes efectos no Paseo da Castellana, 95, Torre Europa, 28046, Madrid (Madrid), comparece e, como mellor proceda en Dereito»
Aquí pos os datos da persoa á que lle chegou a Liquidación, a Resolución do Recurso de Reposición ou a Sanción —neste caso desgraciadamente era eu—.

➡️ O EXPONE da reclamación económico-administrativa
Ata aquí escribeches xa no teu modelo de reclamación tres cousas que son moi importantes:
- A quién vai dirixido.
- Contra quén vai dirixida a reclamación.
- Quén interpón a reclamación.
Agora toca explicar que isto é unha reclamación económico-administrativa. Para isto serve o EXPONE.
✅ Recomendo que este sea o primeiro expositivo:
«PRIMEIRO.- Que, con data X de septembro de 2020 recibín notificación de Liquidación/Resolución de Recurso de Reposición/Sanción.
Adxúntase copia de dita Liquidación/Resolución de Recurso de Reposición/Sanción como DOCUMENTO Nº 1».
Aquí indicarás a data na que recibiches a notificación. Recorda só tes o prazo de 1 mes! para interpor reclamación económico-administrativa.
E acompaña copia da carta ✉️ que recibiches á reclamación económico-administrativa. Por favor, no te esquezas.
Así, máis ou menos, iría o expositivo segundo:
«SEGUNDO.- Considerando a citada Liquidación/Resolución de Recurso de Reposición/Sanción non axustada a Dereito e lesiva para os seus intereses, ao amparo do disposto no artigo 229 de LGT, interpón, dentro do prazo legalmente previsto dun mes, tal e como dispón o artigo 235 da LGT, RECLAMACIÓN ECONÓMICO-ADMINISTRATIVA contra dita Liquidación/Resolución de Recurso de Reposición/Sanción».

🤔 Alegas no primeiro escrito ou non?
Depende de se o procedemento da reclamación económico-administrativa é xeral ou abreviado.
Cándo é xeral e cándo abreviado?
- Depende da cuantía. Isto da para outro post do blog. E é bastante técnico, polo que non séi se o faré máis adiante ou non.
Se é abreviado, tes que facer as alegacions co primeiro escrito.
Se fas alegacions, engade isto o teu escrito✏️:
«con base nos seguintes feitos e alegacions,»
Se non fas alegacions, engado isto o teu escrito:
«De conformidade co citado artigo 235 e siguintes da LGT, a súa representada resérvase o dereito a formular alegacions en canto lle sea posto de manifiesto o expediente de referencia».

🤔 Qué alegas na reclamación económico-administrativa?
Isto depende de cada caso. A miña recomendación, se tes dudas sobre qué alegar, é que contrates un Avogado especializado en Dereito Fiscal.
Eu son unha boa opción 😉.
O escrito ✏️ pódeo presentar calquera, o alegar ben é a chave para que presentar a reclamación económico-administrativa sírvache de algo ou sexa unha pérdida de tempo e non che sirva para nada.